Dúas receitas de macarons ás que lle saquei foto e necesitaba transcribir (ambas para uns 50 macarons)
Ambas receitas para arredor de 50 macarons. Fotografiadas dun libro que había nunha tenda de macarons nos Campos Elíseos en París. Moi bos. Moi caros.
Macaron de chocolate
Ganache de chocolate
Ingredientes
- 290 g de chocolate 70%
- 270 g de nata
- 60 g de manteiga
Preparación
Cortar finamente o chocolate e metelo nun bol. Nun cazo, quentar a nata ata ferver e xuntala despois co chocolate en 3 tandas, remexendo de cada vez.
Cortar a manteiga en pequenos trozos e incorporala á mezcla ata obter unha consistencia lisa. Despois, pasar o ganache a unha fonte e recubrir con film transparente en contacto coa mezcla.
Deixar arrefriar a temperatura ambiente e despois meter na neveira durante 1 hora, ata que teña a consistencia dunha pomada1.
Facer os biscoitos dos macarons.
Coa axuda dunha manga pastelera coa boquilla posta, poñer na metade dos biscoitos unha pequena cullerada do ganache e cubrir co resto.
Biscoito para macaron de chocolate
Ingredientes
- 260 g de améndoas en po.
- 250 g de azucre glas.
- 15 g de cacao en po non azucrado.
- 65 g de chocolate mínimo 70%.
- 6 claras de ovo + 1/2 clara.
- 210 g de azucre2.
Preparación
No bol dun robot de cociña, mezclar as améndoas en po co azucre glas e o cacao en po. Tamizar.
Nun recipiente ó baño maría (ou no microondas), fundir o chocolate ata que estexa tibio (arredor de 35ºC).
Montar as 6 claras de ovo. Unha vez montadas, engadir 1/3 do azucre, seguir batindo ata disolvelo e repetir dúas veces máis, batendo arredor 1 minuto despois de cada vez.
Vertir o chocolate sobre as claras. Mezclar delicadamente coa axuda dunha espátula, e incorporar pouco a pouco a mezcla das améndoas en po. Finalmente, engadir a media clara de ovo, previamente batida. Mezclar para desinflar lixeiramente a masa.
Sobre unha bandexa de forno, recuberta de papel e coa axuda dunha manga pastelera, crear pequenos macarons de 3 a 4 cm de diámetro. Golpear suavemente a bandexa para que os macarons terminen de extenderse.
Prequentar o forno a 150ºC. Deixar reposar os macarons 10 minutos ó aire libre e despois enfornalos. Cociñar durante 14 minutos aproximadamente.
Quitar a bandexa do forno e, usando un vaso, botar un pouco de auga entre a bandexa e o papel (levantar o papel lixeiramente, esquina a esquina). A humidade e vapor producidos axudarán a despegar os macarons máis facilmente cando estean fríos.
Deixar enfriar. Despegar a metade e colocalos nun plato, dándolles a volta.
Macaron de pistacho
Ganache de pistacho
Ingredientes
Preparación
Preparar os biscoitos.
Preparar o recheo. Nun cazo pequeno, mezclar o azucre con 50 g de auga, e levar a 120ºC. Verter a mezcla sobre as xemas do ovo no bol dunha batidora de varillas. Batir enerxicamente todo en terceira velocidade e despois en segunda.
Cando a mezcla enfríe ata arredor dos 40ºC, incorporar a manteiga en pequenos dados e montar ata que a crema estea ben lisa. Engadir a pasta de pistacho.
Coa axuda dunha manga pastelera, encher a metade dos biscoitos de arredor dunha pequena cullerada do recheo e recubrilos co resto.
Biscoito para macaron de pistacho
Ingredientes
- 190 g de améndoas en po.
- 250 g de azucre glas.
- 85 g de pistacho en po.
- 6 claras de ovo + 1/2 clara.
- 210 g de azucre2.
Preparación
No bol dun robot de cociña, mezclar as améndoas e os pistachos en po co azucre glas. Tamizar.
Montar as 6 claras de ovo. Unha vez montadas, engadir 1/3 do azucre, seguir batindo ata disolvelo e repetir dúas veces máis, batendo arredor 1 minuto despois de cada vez.
Incorporar pouco a pouco a mezcla das améndoas e pistachos en po. Finalmente, engadir a media clara de ovo, previamente batida. Mezclar para desinflar lixeiramente a masa.
Seguir a partir do paso 5 na receita dos macarons de chocolate.
No texto original di "jusqu'à ce qu'elle ait la consistance d'une pommade". As formas de traducilo que atopei eran todas pomada, ungüento ou incluso crema (aínda que esta última non me gusta). Non sei.↩
Tecnicamente "sucre semoule", que parece que os seus grans non son tan grandes coma o azucre normal. Non sei se existe tal por aquí.↩
"Beurre doux" na receita. Na Wikipedia di que é como se chama a un tipo de manteiga na Normandía, pero que no resto do país é simplemete beurre, polo que entendo que é manteiga normal sen sal.↩
Entendo que isto ten que ser pistacho pasado por un morteiro ou similar ata ter unha especie de pasta.↩