Magik: The Gathering, ou como por primeira vez son optimista cunha expansión de Marvel
Cando se comentou onte á tarde que había rumores dun anuncio para o seguinte set Universes Beyond de Magic na New York Comic Con, comenteille a un amigo: "se viene Marvel's X-Men".
Cal foi a miña sorpresa cando, un par de horas máis tarde, apareceume un vídeo presentación na conta oficial de Magic dicindo "presentamos Darkhold Destiny". Vino por curiosidade, para enterarme ben de que xeito me ía decepcionar esta nova expansión e, aí polo medio, escoito: "vai contar unha nova narrativa no universo de Marvel, creada ex profeso para este set".
Con este mesmo amigo, cando estaban amosando as cartas de Marvel's Super Heroes, falara un día e dixéralle (máis ou menos): "depecióname esta colaboración con Marvel. Teñen a posibilidade de aproveitar o seu universo para crear algo único e o único que están facendo é meter 5 veces ó Capitán América1 polo simple feito de que precisan chegar a un mínimo de cartas para ter un set. Como molaría que aproveitasen estes sets para crear unha narrativa propia, onde o villano último é Thanos ou alguén polo estilo, e contasen en cada set como un conxunto de heroes intentan evitar como se fai con algunha das xemas do infinito, rematando nunha última confrontación ben vs. mal à la March of the Machine ou War of the Spark de tódolos heroes de Marvel loitando contra as forzas malvadas de Thanos, a quen vimos crecer en poder nas sombras durante toda esta historia".
E a verdade é que por primeira vez son optimista cun set directo a Standard de Universes Beyond. Magic, a diferenza doutros xogos de cartas, aproveita moi ben o seu medio físico para contar historias, e é moi difícil, como fan do xogo, ver esquecida esta faceta en tantas expansións ultimamente, cuxo obxectivo parece máis representar ata o último Glup Shitto2 das historias que adaptan3 que crear un "producto" disfrutable.
Xa veremos máis adiante que é o que pasa ó final con esta expansión. Pero, así de primeiras, a favor. Oxalá esta sexa a norma a futuro e non a excepción. En febreiro creo que empezan a publicar os tebeos que contarán a historia, e o set sairá en abril. Teño curiosidade.
Hai 10 en total entre Secret Lairs e expansións, contando 1 re-skin e 2 Sam Wilsons. Non é o peor. Iron Man ten 8 cartas, e ese sempre é Tony Stark. Do home araña mellor non falamos.↩
Dos mellores termos que saíron de Internet, moitas grazas, Gom Jabbar.↩
Lixeiro problema que teño con Reality Fracture, a verdade. Entendo a necesidade de amosar as distintas versións das personaxes que coñecemos para darlle un pouco máis de profundidade a este novo multiverso creado por Jace, pero pffff, hai algo en como o levaron a cabo que non me acaba de convencer.↩